receitas

Usar servidores DNS estáticos sobre conexsións dinámicas (dhcp)

Se queremos usar servidores DNS concretos con NetworkManager ou con nm-applet, temos que manualizar a introducción do DNS stático que queremos usar... pois o arquivo resolv.conf queda sobreescrito... toda unha lata.

  • Ou ben instalar (se ainda non o temos) o paquete "resolvconf", e crear as entradas "nameserver" que necesitemos en (por exemplo): /etc/resolvconf/resolv.conf.d/tail
  • Outra opción e toquetear no arquivo dhcpclient.conf, metendo sobre a tarxeta que use o dhcp (exemplo sobre eth0):

interface "eth0" {

prepend domain-name-servers 127.0.0.1, 213.60.130.95;

}

Agora poderemos conectarnos a unha rede wifi con dhcp, usar a súa
configuración de DNSs e usar tamen os servidores DNS que queiramos.

descargando os temas das listas m3u

as veces queremos os temas mp3/ogg no noso pc, non sendo suficente co m3u que nos da ccMixter ou jamendo para facer "streamer". podemos empregar wget para descargarlas

 wget -r 'http://...m3u' -O - | wget -nd -N -i -

por exemplo, a lista de 50 temas con score>=400 marcados como editorial_picks de ccMixter [incluidas as promos, que son moi lindas]

wget -r "http://ccmixter.org/media/api/query?score=400&sinceu=0&limit=50&tags=remix+editorial_pick&rand=1&format=m3u&promo_tag=site_promo" -O - | wget -nd -N -i -

ou 50 de jamendo coa etiqueta world

wget -r "http://blue.jamendo.com/get/track/list/tag/audio/m3u/?names=world&o=random&n=50" -O - | wget -nd -N -i -

 

[orixinal http://hublog.hubmed.org/archives/000894.html]

abrindo WEP

minitutorial sobre (in)seguridade WEP [resultado do obradoiro abrindo güifi].

minitut.v0.01 [pdf]

evitando a conexion preguiceira a mysql

estabamos experimentado retardos [3-5 segundos] na validacion [apertura de conexion] de facturlinex [retardo visible o acceder as diferentes pantallas]. logramos evitalo engadindo --skip-name-resolve a chamada de inicio de mysqld no servidor.

con mais detalle, en debian [etch], como root editar o arquivo /etc/init.d/mysql
buscar a linea /usr/bin/mysqld_safe > /dev/null 2>&1 &
engadir --skip-name-resolve quedando
/usr/bin/mysqld_safe --skip-name-resolve > /dev/null 2>&1 &
gardar os cambios e reinicialo [/etc/init.d/mysql restart]

drupal, k2. pequenos cambios no formato da información de evento nos nodos

para que información de comenzo e remate sexa un pouco mais compacta e amigable, podense facer un par de cambios no tema K2 [ou outro que utilice template.php]

drupal. ocultar o bloco de eventos cando non hai vindeiros

para facer que o bloque de 'upcoming events' non apareza cando non hai vindeiros eventos que amosar

instalar cinelerra nun ubuntu ppc 7.04

receita paso a paso para instalar o cinelerra [cinelerra_1.2.2-3] nun ubuntu ppc 7.04
baseado en moenblog
cambeado para a verision 7.04 [Feisty Fawn] para powerpc [nun iBook G4]

montar remotamente

para montar un cartafol remoto
sshfs remoteuser@remotehost:/path/to/remote_dir local_mountpoint

para desmontar:
fusermount -u local_mountpoint

Conteúdo sindicado
---
trebelab || cova dos ratos, romil 3, vigo || info@arkipelagos.net