You are here

moito obrigadas... pero seguimos pedindo...

comencemos cun pouco de peloteo... dando as grazas a toda a xente que confio as súas 'chatarrilhas' , e non tan 'chtarrilhas' as nosas mans (incluso cedéronsos un portatil máis ca decentillo, que vai virnos estupendamente!). grazas a vos agora contamos con equipos bastante decentilhos para o csa 'a cova dos ratos', e logramos incluso surtir a bastantes persoas e colectivos (máquinas compretas ou para melhoras).

tamen fixemos bastantes visitas ao 'punto (non tan)  limpo' do concello, espazo onde non permiten recuperar insitu nada material. ainda molaba poder  'meter man'. a realidade e que fica todo cistado nun container ao aire libre. pouca reciclaxe direita podese facer asim... pero aparentar 'ser verdes' e o que conta. a única fúnción práctica, polo de agora distax viaxes, e a de 'pasarlhes' a pelota da (moi contaminante) ciber chatarra.

em fim, que estamos acabando coas existencias de compoñentes para montar e ampliar máis equipos. contra o vicio de pedir esta a virtude de non dar, no sei si esto e vicio pero por vergonha que tampouco sexa:

molaría recuperar:

discos duros, memorias, de 64 pariba, monitores 17" e superiores (as veces atopanse tirados na rúa!), equipos compretos ou torres, agora en plan 'sibaritas', recuperamos máquinas superiores  ao 1Ghz- 1000Mhz (bale... incluso poden ser de menos)

logo para, outros proxectos do 'entorno' (http://fc.arkipelagos.net) molaríanos conquerir: bidons tochos,  bombas de aire tipo acuario, soldador.. e máis cousas que non lembramos.

e tamen... se queredes subir nota, que saibades que 'temos e /'tedes'un novo proxecto do que podedes participa: asociación promathea, que admite cotas de socias e sobornos varios.

e por pedir xa en plan flowerpower... tentade recuperar para vos vesmas o voso tempo (non vos lembrades do concurso de contasrino romero?), se vos sobra un pouca dadeo a xente e os proxectos que vos molen.

súdos e saíde...

apertas e bikos!