You are here

copiar, pegar, modificar... crear!!!

A copia e a modificación som procesos básicos que se dan na bioloxía tanto para o mantenemento da vida como para as adaptacións que a fan perdurar no medio; éstes fenómenos som imprescindibels tamen para o ser humán, permitindo tanto a existencia como a evolución das culturas e das sociedades. ¿Qué son as universidades, escolas ou academias? Espazos nos que se copia (aprende), e modifica para poder crear...
Xá estamos fartas de escoitar polos mais media o grave problema que resulta para os creativos a perniciosa pirateria, que esta acabando coa cultura... ¿non será mais ben para os que viven dos roialtis da creación e da explotación sen piedade dunha chamada cultura?
O copyright, mal chamado dereitos de autor, é o dereito de reproducción ou copia dun texto, fonograma, imáxen ou programa de ordenador, e o seu resultado é un obxeto (ou texto, ou fonograma, etc.) duplicado do orixinal. É posibel repetir ata a saciedade as ideas dun libro pero non é posibel reproducir o libro en parte ou na súa integridade, a non ser que os autores e seus editores autoricen expresamente.
Ata agora, o copyright foi sempre unha regulación mercantil; nunca plantesada como un dereito ou monopolio dos propietarios, senón unha medida de difusión intelectual e de protección da inversión dos editores fronte a outros editores, nunca fronte ao público. O uso ultrarrestrictivo que actualmente quereselle otorgar mediante certas leis (DMCA, Directiva Europea de Copyright, etc.) é inédito.

No Artígo 27 da Declaración Universal dos Dereitos Humans podemos leer "1. Toda persoa ten dereito a tomar parte libremente na vida cultural da comunidade, a gozar das artes e a participar no progreso científico e nos beneficios que del resulten. 2. Toda persoa ten dereito á protección dos intereses morais e materiais que lle correspondan por razón das produccións científicas, literarias ou artísticas das que sexa autora". E no Artigo 44 da Constricción Española: "1. Os poderes públicos promoverán e tutelarán o acceso á cultura, á que todos teñen dereito. 2. Os poderes públicos promoverán a ciencia e a investigación científica e técnica en beneficio do interés xeral".  

Como sempre, teoría e práctica distan de ser o mesmo, os beneficios económicos da cultura repartense estre os seus xestores, os autores teñen que ceder parte dos seus dereitos as productoras, discográficas e sociedades xestoras. Logo toda unha mafia organizada adícase a cobrar e pasar o cazo, que tras o cal a grande maioria do recaudado vai as arcas dos mesmos e dos grandes productos comercias. Estas industrias e negocios pretenden equiparar a Cultura coa explotación comercial da mesma, duas cousas radicalmente distintas.

Actualmente, o dereito ao acceso universal á cultura vese frustrado debido as distintas industrias e negocios que se lucran coa distribución dos contidos culturais exercendo presión mediática, económica e política para satanizar e controlar a Rede, antepoñendo seus intereses económicos aos dereitos citados.

No campo da investigación ciéntífica, as patentes fan o seu propio, o lucro anteponse ao ben común, pasando por enriba a mellora das necesidades de vida de todas as persoas (incluidas as mais desfavorecidas).

Ante isto xurde un movemento que defende a cultura libre (extraporabel tamen ao campo da investigación). Unha obra de cultura libre é aquela de propiedade intelectual na que o autor decide compartir ou liberala de certos dereitos para facilitar a súa copia, difusión, modificación, obra derivada, etc. Pertenecen á cultura libre todas as obras de dominio público, ben porque venceu o período de vixencia dos dereitos de autor o porque seus autores as liberan. As obras de cultura libre poden selo totalmente (dominio público, copyleft, GNU) ou ter alguns dereitos reservados (certos tipos das licenzas Creative Commons).

Copyleft é un térmo acuñado no eido da infomática que esta empapando todos os eidos ca cultura e a creación. Nace dun xogo de palabras en inglés: en oposición ao "copyright" (dereito de copia) usase "copyleft" (copia deixada ou abandonada ou permitida), indicando que non se restrinxe a copia, senon polo contrario permitese sen reservas. A súa implementación dentro do software é a licencia GPL (primeira licencia legal copyleft). Enlaza coa transmisión libre das octavillas e pasquins políticos, a cultura fanzineira do "copia e difunde" e o movimento "diy" (faino ti mesma) do punk.

A "creative commons license" foi ideada basandose ideolóxicamente no copyleft e xuridicamente no copyright. argumentase na renuncia de certos dereitos do copyright; a "licencia creative commons" en verdade son seis licencias con diferentes dereitos legais. É opción do creador da obra escoller a que él considere oportuna. Deste xeito permite facer un uso estratéxico do copyright para darlle a volta.

Aínda que estas licencias libres supoñen unha saída legal ao copyleft este seguese usando como termo debido á forte connotación simbólica que ten. O copyleft tamen é un movimento social e unha verdadeira declaración de principios e intencións por unha sociedade nova. Unha lanza a favor do coñecemento, a creación e a cultura colectiva.

"...partimos do recoñecemento da xénesis social do saber. Ninghen ten ideas que non foran sido dereita ou indirectamente influenciadas polas relacións sociais que manten nas comunidades das que forma parte, e se a xénesis é social, o uso debe permanecer a vez". Wu Ming.

teima: