You are here

Alternativa copyleft, o exemplo de GNU/Linux

GNU/Linux un exemplo copyleft

Este sistema operativo permite ter unha computadora 100% funcional, con todo tipo de programas e utilidades, cubre desde as necesidades maís básicas, navegar pola rede, ofimática, ata edición de audio e video, creación 3d, análisis científicos, pasando por sistemas para dar servizos a redes, nun entorno seguro, amigable, robusto e moi adaptable a diferentes entornos e necesidades. E non esquezas que podes descargalo e usalo gratuitamente, animate, rachar co monopolio é realmente moi doado!
¿Cómo é posibel enton que un proxecto inicialmente amateur chegue a ser unha opción escollida por administracións públicas como a de Alemania, entidades como a NASA, centos de universidades e que numerorísimas empresas baseen o seu modelo de negocio nel? Por ter como base unha licenza totalmente libre (GPL), que permite usar, copiar, modificar e distribuir libremente este software.
Ou sexa, podemos ver como funciona, estudalo, modificalo, adaptalo e melloralo segundo as nosas necesidades, e posteriormente redistribuilo (incluso cobrar e vivir dignamente de facelo), pero iso si, coa condición de que ten que continuar sendo libre, non agochando as melloras (cousa que parece extrañamente molestar a moitas persoas).

Colaborar vs Competir
Podemos imaxinar que todo paso que se deu foi dado por todas, ou sexa non se reinventa a roda unha e outra vez, soamente con unha chega, logo pintaremos e daremos a forma que mellor se adapte as necesidades (non será igual unha roda de tractor que de bicicleta). Ou sexa, cando unha persoa avanza seguindo este modelo, o resultado é que todas avanzamos.
Isto implica un importantísimo cambio no paradigma da producción, a fórmula competitiva e o secretismo comenzan a ser desprazadas por estratéxias colaborativas e transparentes, agora non so gana o que ten a idea e a leva adiante, senon que toda a comunidade beneficiase.
Se este xeito de entender o progreso e o avance, como un ben para o conxunto de toda a humanidade, chega a empapar outros eidos da producción (industrial, farmaceutica, enerxética) cecais sexa unha porta cara unha sociedade maís xusta, equitativa, onde progreso e coñecemento sexa algo para todas e non so para unhas poucas.

¿Enton libre é gratis?
Pese a que unha grande parte dos manteñedores de Linux e dos programas libres é a propia comunidade que traballa altruistamente isto non quere decir que libre sexa sinónimo de gratis. A realidade e que este modelo xera moitos maís postos de traballo, reduce custes, e reparte maís a riqueza. Pode parecer contradictorio pero os monopolios enchen os petos dos de sempre a costa dos reditos do traballo nos casos do software e da cultura.
¿Vos imaxindes un albañil que nos cobrara sempre que usaramos unhas escaleiras contruidas por el? Ou que cada pouco tempo nos obrigara a cambialas por compatibilidades, isto é o que pasa na industria do software e das computadoras (por certo unha das maís contaminantes).

¿Aproveitaranse do meu traballo?
Si e non. Antes de nada deixemos claro que toda persoa, nesta suposta sociedade do benestar, tería que ter os medios necesarios para ter unha existencia digna so polo feito de ser parte dela. Logo, retomando o tema, é de supor que se fas algo e por que te gusta facelo, xa sexa programar, tocar música ou grabar videos, poñer clausulas non comerciais, se o pensamos friamente (aianda que a todos nos moleste que unha multinacional use a nosa obra para promocionar a súa merda) e poñer freo a expansión da nosa creación, quitanos posibilidades de futuro, de ser coñecidas e que nos encargen novos traballos.
Pensemos que sempre nos estamos aproveitando, de quen nos ensinou a falar, de aquel grupo que te abreu os ollos a novos estilos. A idea e cobrar por traballar, non polos réditos do traballo, que músicos saquen cartos dos concertos, os programadores de programar...
Co mundo dixital cecais certos nichos desaparezcan, como no seu tempo desapareceron escribanos, pero a posibilidade de que o custe da copia sexa cero abre un mundo de posibilidades creadoras, agora é responsabilidade nosa experimentar novos modelos, maís xustos para todas.
Se queres limusina, chofer, grifería de ouro... sendo copyleft sera complicado... pero usando molelos que antepoñen o lucro seguramente exprimirante cual laranxa zumeira (se consideran que tes zume abondo).
Vos escolledes, podedes ser parte do problema ou da solución, podedes crear libremente e compartir as vosas creacions, usar as obras libres para os vosos traballos, locais ou como música de fondo nas vosas vidas... cecais a realidade cambie para todas.